Accións
APRENDIZAXE-SERVIZO E MÁIS
Entender a educación como irremediablemente ligada coa participación social, pois aprendemos ou ben para conseguir facer cousas, ou ben porque a nosa experiencia vital nos xera curiosidade, intuicións, consciencias...
A aprendizaxe-servizo é pode ser útil porque é unha maneira de organizar conxuntamente a aprendizaxe formal coa participación social, e polo tanto pode axudar a difuminar os muros das aulas e transformar. Pero non é a única maneira, e neste lugar atoparemos tamén outras estratexias para achegar valor e xerar aprendizaxe vinculadas ao rural.
Nestas colaboracións, as persoas que actúan no territorio e as que están no sistema escolar/académico teñen oportunidade de dialogar sobre que paga a pena ensinar/aprender e que paga a pena facer. Con isto, ábrese a oportunidade de transformar como se organiza a educación, así como de aproveitar enerxía e ideas para actuar.
Pode entenderse como achegar a aprendizaxe tradicional, de aprender facendo e aprender para fins concretos, á educación que nos atopamos hoxe en día.
ACTUAR NO, PARA E CO MEDIO RURAL
Aldeas como contextos de oportunidades, lugares con saberes e contextos acumulados dos cales aprender, nos que poder vivir, e que poden acoller un tipo de creatividade orientada a soster e non a consumir e queimar.
COMUNIDADE E TERRITORIO
Pensando en soster, coidar e facer medrar a vida no seu conxunto. Aquela vida que rodea as comunidades e que é o sustento das mesmas. A vida das propias comunidades e persoas. A vida que está entre o lugar que habitamos e quen o habitamos, que nos nudrimos mutuamente no interaccionar.
A bacía do Sar en Santiago de Compostela. Unha experiencia de Aprendizaxe Servizo cara a Custodia da Paisaxe
Cultura, Social | Custodia e defensa do territorio, Divulgación de saberes, Manexo do territorio
Estado: Rematada
O proxecto tiña un dobre obxectivo, sendo o primeiro dar resposta a unha parte das necesidades expresadas pola Plataforma de Recuperación do Sar en relación co patrimonio inmaterial e ambiental deste territorio. O segundo obxectivo era de natureza académica e buscaba o desenvolvemento por parte dos estudantes…
Plans de Comunicación Estratéxicos
Social, Transversal | Divulgación de saberes
Estado: Rematada
Nunha iniciativa coordinada pola profesora e decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, máis dun centenar de estudantes da materia Estratexias de comunicación publicitaria traballaron ao longo deste cuadrimestre cunha serie de entidades que, como explica, teñen en común o desenvolvemento de “iniciativas de carácter social”, pero que…
Psicoloxía social aplicada. O medio social como alternativa sustentable
Ambiental | Dinamización comunitaria, Manexo do territorio
Estado: Rematada
Nunha alianza entre o alumnado de primeiro do Grao en Psicoloxía e do Mestrado en Psicoloxía Social da USC, desenvolveuse un proxecto de recollida de información e posta en común sobre a xestión dos residuos e as actitudes da poboación cara este tema, tanto respecto a como entendelas así como a melloralas.
Ca mesma, a óptica foi de pensar o medio…
Oficios para Sempre-Historia Ambiental
Cultura, Economía, Educación | Cultura e arte, Divulgación de saberes
Estado: Rematada
O alumnado do Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, en colaboración ca asociacion As Espigadoras e ca axuda da profesora Ana Cabana Iglesia, levaron a cavo unha recollida de información sobre oficios tradicionais para elaborar un vídeo documental, que podedes visionar aquí…
Psicoloxía Social aplicada ao medio rural
Social | Divulgación de saberes
Estado: Rematada
O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos…
Comunidades no seu territorio
Ambiental, Cultura | Cultura e arte, Manexo do territorio
Estado: Rematada
A Comunidade de Montes de Leiro (Rianxo) está a desenvolver un proxecto de apredizaxe-servizo en colaboración con dous ámbitos formativos na Universidade de Santiago de Compostela: estudo da cultura e ecoloxía da paisaxe, a cargo dos membros de Rede Galabra, J. Elías Feijoo Torres e Emilio Carral Vilariño.
Neste proxecto interdisciplinar…
Campaña #SerMutante
Transversal | Dinamización comunitaria, Divulgación de saberes
Estado: Rematada
O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de…
Cuidado y conservación de la memoria histórica: testimonios de la represión de la posguerra
Cultura, Educación, Social | Cultura e arte, Dinamización comunitaria, Divulgación de saberes, Xustiza social
Estado: Idea
Idea de proxecto de aprendizaxe-servizo elaborada por Pedro Antonio López Oliver e Paula Pérez Martí no marco da II Xornada de Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Ilustra un proceso de recuperación da memoria histórica.
Cultura latente: O papel da muller rural no Entroido.
Cultura, Educación | Cultura e arte, Dinamización comunitaria, Divulgación de saberes
Estado: Idea
Idea de proxecto de aprendizaxe-servizo elaborada por Xiana Rolán González, Cynthia Romero Castro e Laura Romero Tubío no marco da II Xornada de Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Baseada nun traballo anteriormente elaborado entre FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) e institutos e o IES Castro Baronceli.…
Aproveitamento de recursos do medio natural
Transversal | Custodia e defensa do territorio, Manexo do territorio
Estado: Rematada
Neste artigo da Revista Galega de Educación exponse a experiencia dunha materia de secundaria adicada a integrar a educación co manexo do propio territorio e o coñecemento das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
Aproveitamento oportunidades do medio rural-Maxisterio
Educación | Divulgación de saberes, Manexo do territorio, Proxecto interxeneracional
Estado: Rematada
Proxecto xa desenvolt ó longo de dous anos, no que o estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolveu unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.
Con esa…
Pobo escola de O Viso
Educación | Divulgación de saberes, Proxecto interxeneracional
Estado: En curso
O pobo escola, pese a non ser necesariamente unha estratexia de aprendizaxe-servizo (pois os e as aprendices non teñen por que facer ningunha achega á comunidade) é unha clara maneira de integrar os procesos educativos no territorio, levando a mirada que aprende cara a realidade inmediata e as persoas coas que se convive.
O de O Viso leva xa anos…
Proxecto MonteMar
Educación, Transversal | Manexo do territorio
Estado: En curso
Proxecto desenvolvido en colaboración entre o CEP Brea Segade, o movemento veciñal Fousas ao monte e o Proxecto Ríos no que se traballan contidos de educación primaria en relación co coidado medioambiental e o manexo do territorio.
Sen chegar a ser totalmente unha experiencia de aprendizaxe-servizo, posto que non foi pensado como tal, ten unha…
A dimensión ética e solidaria do financiamento na Economía Social
Economía, Social | Dinamización comunitaria
Estado: Idea
Proceso de asesoramento a entidades de economía social sobre como acceder a financiamento dentro da propia economía social e solidaria (banca ética).
A Aprendizaxe-Servizo no eido do desenvolvemento local
Economía | Dinamización comunitaria, Manexo do territorio, Xustiza social
Estado: En curso
Este é un proxecto que acontece fora do plano rural pero que pode dar ideas para trasladar a medios rurais.
O Concello de Santiago de Compostela iniciou a elaboración da súa Axenda Urbana, proceso que leva a reflexionar sobre o modelo de cidade. A Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado de Santiago de Compostela recolle…
Pagination
- Page 1
- Páxina Seguinte