Preparación III encontro Arredor do Rural

Moi bo día a todas e todos,

No último encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, o pasado 26 de novembro, quedamos en celebrar unha nova xuntanza en cousa de medio ano, o que nos sitúa máis ou menos no final da primavera.

Entón, penso que sería bo poder falar por aquí de que queremos que sexa ese encontro, con respecto, polo menos, a tres temas:

  • Onde? De momento Amarelante fixo a proposta de facelo en Manzaneda, pero hai que abrir á conversa, claro.
  • Cando? Data concreta, o ano pasado foi o 7 e maio pero podería se lle cadra atrasarse un pouco. Se lle cadra desta volta mellor facelo unha fin de semana para que poida vi outra xente que se lle fixo imposible entre semana.
  • E  o máis importante: Que? O que parece lóxico sería compartir as experiencias de aprendizaxe-servizo que se fagan este semestre, que xa son algunhas, para poder valoralas e argallar outras novas, pero podemos abrir tamén para máis discusión e tratar outros temas comúns, para o cal pode dar ideas consultar as declaracións do último encontro: https://www.arredordorural.org/saberes/declaracions-ii-xornada-de-encontro-arredor-do-rural
  • Outras cuestións...se as hai.

Podemos ir comentando por aquí cando facelo e logo facer unha breve reunión entre quen queira estar (entre mediados de febreiro e principios de marzo, probablemente...) para deixar acordada unha primeira idea e poder ir desenvolvendo con tempo. Ide dicindo que data vos parecería axeitada para falar e máis adiante concretamos.