Comunidade de Accións e Saberes

Discusión xeral

Preparación III encontro Arredor do Rural

Moi bo día a todas e todos,

No último encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, o pasado 26 de novembro, quedamos en celebrar unha nova xuntanza en cousa de medio ano, o que nos sitúa máis ou menos no final da primavera.

Entón, penso que sería bo poder falar por aquí de que queremos que sexa ese encontro, con respecto, polo menos, a tres temas:

Experiencias e información a compartir

Este fío está adicado a compartir diferentes experiencias ou información da que dispoñades por ter participado en conferencias/obradoiros/webinars/outros eventos, e que xulguemos de interese para a rede.

Se algo o atopades especialmente interesante, podedes solicitar cando o publiquedes que abramos un fío de conversa específico para falar desa experiencia ou información concreta.