Somos

Comunidade

Que sirva de encontro entre persoas que traballan na educación e as que tentan construír alternativas a modos de vida e xestión dos recursos. Para enraizar no rural e poñer a vida no centro.

Accións e saberes

Concretas e aterrados.Entender que saber e facer van xuntas, para dar pé a accións creativas, e a partir delas transformar o que pensamos e aprendemos. Utilizamos estratexias coma a aprendizaxe-servizo, que integran a participación social coa aprendizaxe formal.

Arredor Rural

Como lugar de oportunidades para recuperar a mirada cara a vida das comunidades e do territorio. Exemplos onde buscar novos camiños no marco dunha crise ecosocial. Tentando desfacer a dualidade rural/urbanoe aproveitar o que hai de "rururbano".

Galicia e Norte de Portugal

Como territorio de traballo, posto que compartimos características do contexto e nos podemos nudrir mutuamente.

 

 

Queremos

 

Unha comunidade que crea pontes entre a educación e os pulos pola diversidade e a vida no rural para:

 

Amosar futuros posibles no medio rural para as persoas que aprenden, que sexan diversos e con perspectiva de sustentabilidade.

Poñer a dialogar o coñecemento académico cos coñecementos locais e concretos, históricamente minusvalorados, dunha maneira vivencial e con raíces na terra e nas persoas.

Utilizar forzas e enerxías comúns para construír alternativas a modos de vida e xestión de recursos neste momento de crise ecosocial.

Úneste para poñer a vida no centro da educación?

Quero participar

 



QUE É A APRENDIZAXE-SERVIZO E POR QUE TRABALLAR CON ELA?

 

A aprendizaxe-servizo é unha maneira de entender a educación como irremediablemente vinculada á participación social, así como unha maneira de articular conxuntamente a acción socioambiental ca aprendizaxe formal. Consiste en organizar as aprendizaxes que consideremos obxectivos vehiculadas por un proxecto ou acción que se considere necesaria ou beneficiosa. As persoas que aprenden así son axentes tamén, da maneira que os seus referentes son ao tempo da institución de ensino e da acción no territorio.

Nestas colaboracións, as persoas que actúan no territorio e as que están no sistema escolar/académico teñen oportunidade de dialogar sobre que paga a pena ensinar/aprender e que paga a pena facer. Con isto, ábrese a oportunidade de transformar como se organiza a educación, así como de aproveitar enerxía e ideas para actuar.

Pode entenderse como achegar a aprendizaxe tradicional, de aprender facendo e aprender para fins concretos, á educación que nos atopamos hoxe en día.

 

 

 



Saberes

Esta é unha sección para facer en común entre as o os participantes desta comunidade, para ir enchendo cos saberes que emerxen do noso facer ou que nos dan ideas para actuar. Aberta a diferentes formatos e, sobre todo, á diversidade de voces e a amplitude do saber.

Consultar
 
 

Accións

Un lugar onde compartir os proxectos que poñemos en marcha. Para visibilizar a vida e diversidade que imos construíndo e poñelas a disposición de outras persoas para que sexan imitadas, melloradas, criticadas... Vendo o que facemos recollemos ideas para iniciar novos ciclos.

Consultar


 
 

 

 

 

 

 

Web amigas

Con afinidades, intereses e aprendizaxes onde atoparse.



Vídeos do proxecto

Bota un ollo ós documentos audiovisuais para aproximarte ao que levamos feito.