Comunidade de Accións e Saberes

Comunidade

Na colaboración e ca acción mutua están as posibilidades. Atopa persoas e colectivos inquedos e con ganas de poñer da súa parte para transformar a educación e poñer as ideas a andar.

Laura Tojeiro Pérez
Docente da Área de Educación Musical na Facultade de Ciencias da Educación (USC), investigo o emprego da música como recurso didáctico para fomentar valores de concienciación ambiental. Bióloga e Música de formación, desenvolvo a miña carreira combinando ambas materias e empregando a Educación como nexo de unión entre elas, explorando as múltiples posibilidades da música para o desenvolvemento sostible e a integración social, cultural e ambiental.
Asociación Rural Contemporánea

Somos unha asociación cultural de ámbito estatal (España). Fundada no 2009.
A existencia desta asociación ten como fins:

Promover o medio rural como territorio para a innovación e o desenvolvemento sociocultural.
Realizar investigacións e eventos que transgredan a dialéctica tradición-modernidade.
Fomentar unha cidadanía activa a través da cooperación con distintas organizacións civís.
Promover a permacultura.
Traballar en e cos comúns.
Divulgar traballos de investigación, proxectos artísticos e proxectos sociais que están vinculados ao medio rural.
Crear redes de traballo con persoas e entidades, rurais e urbanas, a nivel rexional, nacional e internacional.
Revitalizar e impulsar o potencial cultural do local nun contexto global.

Desenvolvemos procesos, actividades e eventos, nos que fomentamos e impulsamos a participación da cidadanía local.
Traballamos asesorando a outras asociacións, entidades ou fundacións, coas que colaboramos en diversos proxectos.
Vanesa Castro López
Axitadora cultural e artista transmedia. Codirectora de Fur Alle Falle, unha produtora cultural independente que nace no 2003.
Fundadora e impulsora de RuralC, unha asociación que impulsa a innovación social e a axitación cultural no medio rural; da comunidade Montenoso, comunidade que visibiliza e dinamiza as comunidades de montes veciñais en man común; membro da plataforma insultarte.net, do laboratorio de experimentacion Dio3Stu, e de outros proxectos colaborativos.
Licenciada en Belas Artes, especialista en medios audiovisuais e transmedia e investigadora independente. Produzo obras analóxicas e dixitais, fago performances e happenings, organizo eventos culturais e curadorías e imparto obradoiros e conferencias.
Máis información e cv detallado en  www.furallefalle.com
Colectivo Loairas
Somos unha asociaciòn cultural sen animo de lucro na que traballamos os ecofeminismos a travès de pràcticas e experimentaciòns artìsticas participativas para xerar cultura comunitaria e cultivar comunidades coidadoras e biocèntricas.

Interesanos todo o que ten que ver coa cultura, as artes, a educaciòn e a transformaciòn ecosocial tendo en conta as interseccionalidades que como humanidade nos atravesan e tentando deconstruir os sesgos andro/antropocèntricos e as dicotomìas binaristas que herdamos durante sèculos.

Actualmente pertencemos e participamos da REACC, a rede de cultura comunitaria a nivel estatal que pretende pòr en valor o papel esencial da cultura comunitaria para rexenerar vìnculos e para levar a cabo a transformaciòn ecosocial cara mundos non so vivibles senòn vivos, biodiversos, cocreativos, sostibles e disfrutables
Tamèn formamos parte da rede ecofeminista de Ecoloxistas en acciòn "Trenzando Cuidados"
Rita Sarmiento
Dedícome ao sectore turístico e estou especialmente interesada na cultura e os oficios tradicionais.
Iván González González
Docente, dinamizador e emprendedor no ámbito tecnolóxico e rural, especializado en xestión de marketing e comunicación.
Colabora con leanspots (ecosistema escalable de startups e asesoramento) e findspo (ecosistema de oportunidades de vida basado nas persoas e no territorio).
Amarelante S. Coop. Galega
Amarelante Sociedade Cooperativa Galega naceu no 2013 co obxectivo de recuperar soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, elaborando produtos con valor engadido comercializados baixo o selo de Castañas de Galicia.
Formada por nove socios e socias, a cooperativa foi creada no concello de Manzaneda (Ourense) e pensada coma un proxecto de revitalización do rural galego de montaña, ofrecendo e amosando alternativas reais para vivir, e non sobrevivir, en zonas de gran despoboamento e fortemente envellecidas.
Amarelante móvese baixo os principios de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social, e ámbolos dous están representados nas accións e decisións da cooperativa realizadas ó longo do tempo.
O esforzo e traballo de Amarelante recibiu no 2015 o Premio á Cooperación outorgado pola Consellería de Traballo e Benestar, na categoría de “Promoción do Cooperativismo”, e o Premio Agader 2019 ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural, na categoría “Premio á loita contra o abandono e a prol da mobilidade de terras”.
Adalgisa Castro Maia Pontes
Professora no Instituto Politécnico de Viana do Castelo e professora no Conservatório de Música de Barcelos. Desenvolve investigação sobre didática das expressões artísticas e o ensino da música no ensino genérico e especializado. Tem especial interesse em áreas relacionadas com a Educação Artística e com a formação de professores. Concluiu o mestrado em Ensino da Música na Escola da Artes, Universidade Católica Portuguesa, Porto, em 2017, o doutoramento em Didáctica de la Educación Artística na Universidad de Valladolid, Espanha, em 2015 e em 2004 o curso de Professores de Ensino Básico, variante Educação Musical na Escola Superior de Educação de Viana do Castelo. Pertence ao Centro de Investigação em Estudos da Criança da Universidade do Minho desde maio de 2012.
Iria Vázquez Silva
Profesora de socioloxía na Universidade de Vigo. Materias: socioloxía da educación, socioloxía xeral. Traballo no eido do xénero, os ecofeminismos, en proxectos vinculados á prevención da violencia de xénero e a visibilización da violencia machista institucional. Interésame tecer redes e innovar na docencia. Equipo de investigación: GETS-IT: https://bidi.uvigo.gal/es/grupo/grupo-de-estudios-en-trabajo-social-investigacion-y-transferencia
Loreto Fernández Fernández
Emprendemento
Outonía S. Coop. Galega
Outonía S. Coop. é unha entidade situada no interior galego e promovida por Paula, Tania e Araceli. Somos tres educadoras sociais que habitamos tres puntos distintos da montaña interior galega: O Courel, Manzaneda e Trevinca. Desde estes lugares cremos que a educación social é un dereito da cidadanía, tamén da que habita na periferia.
As nosas liñas de traballo son:
- Rurais, patrimonio e identidades.
- Educación ambiental, dinamización e cultura da sustentabilidade.
- Desenvolvemento comunitario e participación cidadá.
- Educación emocional, xéneros e diversidades.

Facemos proxectos, coma se leva facendo toda a vida na montaña: cociñados a lume paseniño, con coidado e mimo, e valorando o proceso, non só os resultados.
Euroeume
Euroeume é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de interese público, que ten por obxecto o desenvolvemento local na comarca do Eume.
Traballamos por un desenvolvemento sostible baseado nas potencialidades do territorio que, ademais da dimensión económica, contemple o benestar social e a conservación da natureza. Así, este modelo fundaméntase no aproveitamento respectuoso dos recursos propios da comarca.
Instagram:euroeume
Facebook: EuroEume
Pilar Piñeiro García
Coordinadora do Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
Xestión medioambiental e economía circular.
Ana Cabana Iglesia
Como historiadora (traballo no Dep de Historia da Universidade de Santiago de Commpostela), estou interesada nos saberes comunitarios, cooperativos e feminizados de xesión dos recursos naturais e paisaxes.
A miña especialidade é a historia oral e a historia rural da Galiza contemporánea
Cristina Gómez Román
Docente na Facultade de Psicoloxía. Materias: Psicoloxía Social; Participación Cidadá, apoio social e voluntariado; Invervención Social en Emerxencias e Catástrofes.
Grupo de Investigación COSOYPA (https://cosoypa.com/)
Pedro Pereira
É Professor Adjunto do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, lecionando diversas unidades de curriculares de âmbito antropológico em cursos de diferentes níveis e áreas, nomeadamente: Turismo, Design, Enfermagem, Gestão e Gestão Artística e Cultural. É investigador do Centro em Rede de Investigação em Antropologia e os seus interesses de investigação têm-se situado nos campos da antropologia da saúde e da antropologia da religião. Entre as diversas publicações de artigos e livros, destacam-se as obras: Peregrinos – Um estudo antropológico das peregrinações a pé a Fátima (2003) e Em busca da saúde – O culto da Senhora da Saúde numa perspetiva antropológica (2021). No campo literário, salientam-se as publicações do livro de poesia, Escrita de lume (2019), e do livro de contos, O outro lado da rua (2021).
António Cardoso
António Cardoso, doutorado em Sociologia pela Universidade Complutense de Madrid, licenciado em Ciências Agrárias e Ambiente, e mestre em Desenvolvimento Rural, pela Universidade de Wageningen (Holanda); Prof. Adjunto do IPVC (Portugal) e membro integrado do Centro Interdisciplinar de Ciências Sociais (CICS.Nova.UMinho); manifesta interesse por temáticas como desenvolvimento (rural/regional), ambiente/ sustentabilidade, organizações, desigualdades e service-learning.
Anabela Moura
Anabela Moura is Coordinator in Art Education at Higher School of Education, Viana do Castelo Polytechnic, Portugal. She coordinated Art Education and Art and Cultural Management undergraduate and post graduate Degrees and she has been involved in projects related to identity, culture and citizenship, through artistic expressions. She was the Coordinator of the International Rural Project 3.0: Service Learning for the Rural Development. She aims to develop and promote an active inter-country dialogue, specifically between researchers, to enhance understanding of different perspectives on European service-learning methods and active rural development strategies. Inherent to this is the interest in the development of social responsibility and awareness of cultural and social entrepreneurship. She coordinated 11 editions of the international journal “Diálogos com a Arte” at Viana do Castelo Polytechnic Institute [www.ese.ipvc.pt/revistadialogoscomaarte].
Ana Peixoto
Professora Coordenadora e docente na Escola Superior de Educação de Viana do Castelo desde 1996 é Doutorada em Metodologia do Ensino das Ciências pela Universidade do Minho, com Mestrado em Supervisão Pedagógica, pela Universidade de Aveiro e Licenciada em Ensino da Física e da Química pela Universidade do Minho. Nos últimos anos, a sua área de interesse e de investigação tem-se focado na metodologia do ensino das ciências nos primeiros anos e na supervisão pedagógica de natureza colaborativa, áreas nas quais tem desenvolvido investigação, quer nacional, quer internacionalmente. Tem ainda desenvolvido investigação nas práticas colaborativas e de aprendizagem em serviço integrando a equipa internacional CARN e Estreia Diálogos.
Beatriz Noya Mariño
Membro da xunta directiva actual da "Plataforma pola recuperación do Sar" (CIF G70329982), organización sen ánimo de lucro (Nr.: 2013/017403-1a; inscrita no rexistro de asociacións da provincia de A Coruña).
A nosa misión como asociación, moi resumida, e:
- traballar para recuperar uns niveis de salubridade normales no cauce fluvial do río Sar e con eles, a vida;
-poñer en valor o patrimonio natural, material e inmaterial do río Sar e a súa bacía.


Calquera colaboración, iniciativa, interacción e/ou rede que nos axude a avanzar cara ós nosos obxectivos, BENVIDA sexa/será!
Podes contactar coa Plataforma do Sar vía <contacto@plataformadosar.org>
Instagram: plataformadosar
Facebook: @defensadosar
David García Romero
Docente na Facultade de Ciencias da Educación. Materia de Educación en Contextos Rurais.
Grupo de Investigación ESCULCA (https://www.usc.es/esculca/)
Marinha Longa Iglesias
Estudo o grao em Ciências da Educaçom (E. Primário). Estou interessada em questons de género e identidades dissidentes, também em processos de participaçom comunitária.

Fago parte de @artesacolectiva (Instagram), um projeto centrado na apertura de espaços para a criaçom artística em coletivo.

Contacto: marinhalonga@gmail.com
As Espigadoras
Queremos recoller, conservar, difundir e compartir saberes tradicionais vinculados á artesanía, á terra, ás plantas, mediciña natural, etc.
Gustarianos ter axuda para a recollida e os formatos de difusión, así como para calquera idea que nos enriquezca sobre estes obxectivos.
Facebook: As espigadoras/ @obradoirodeoficios
Lucía González
levo a administración da Fundación Eomaia da que son presidente.
Eomaia está vinculada o medio rural o través dos proxectos que ten en marcha, especialmente co proxecto de A Seara.
Instagram: fundacioneomaia
Facebook:@eomaiafundacion
Nieves del Pilar Vidal González
Traballo en Santiago de Compostela no Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia, do CSIC.
Gústame o bosque e teño a sorte de dedicarme ao cultivo in vitro das nosas árbores na vida profesional.
Imparto prácticas externas e dirixo traballos de fin de grao de Bioloxía, e estou interesada en colaborar en proxectos medioambientais para manter e recuperar a nosa biodiversidade e a nosa cultura.
Disfruto coa divulgación da ciencia e das marabillas da natureza.
Podes atoparme en nieves@iiag.csic.es
Jesús García-Álvarez
Profesor na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Materias: Educación e Sociedade en Galicia (Grao en Educación Social e Grao en Pedagoxía), e Pedagoxía Laboral.
Grupo de Investigación ESCULCA (https://www.usc.es/esculca/)
Rede de Investigación RIES (http://redries.usc.es/)
Cooperativa SomosTerra
Cooperativa sen ánimo de lucro que ten por obxectivo educar, sensibilizar e implicar aos diferentes axentes da sociedade para impulsar a transformación socioecolóxica sostibilidade no territorio galego. Facémolo a través de proxectos educativos, a cooperación local e a diagnose participativa.
Inst: @cooperativasomosterra
Fb: @somosterra.gal
cooperativa@somosterra.gal
CDR O Viso
No Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso" traballamos no empeño de mudar o medio rural visitable por un medio rural habitable e habitado. Somos unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade pública.
Traballamos nas áreas:
-ambiental, educativa e promoción de entornos rurais,
-atención á comunidade
-información participación social
-inclusión social e laboral.
Instagram: cixdalimia_cdr
Facebook: @oviso.cdr
www.cdroviso.org
Cristina Varela Portela
Docente na Facultade de Ciencias da Educación. Materias: Deseño e desenvolvemento curricular, técnicas de educación e formación en grupo, Didáctica, Currículum e organización escolar.
Grupo de Investigación ESCULCA (https://www.usc.es/esculca/)
Asociación Avoar
Asociación cultural e educativa que se adica ao ámbito nos dos coidados e o lecer no medio rural.
instagram: asoc.avoar
facebook:@tronzarospechesavoar