Comunidade de Accións e Saberes

Ferramentas



PARA NOVAS PRÁCTICAS

Saír dos rumbos marcados, actualizar maneiras de aprender e estar no mundo ou buscar outras novas, necesita de moita intelixencia colectiva. Este é un lugar para compartir aquelas ferramentas que a experiencia nos vai dando e que nos serven para poñer a andar e mellorar as nosas accións e proxectos.

PEDAGÓXICAS

Poucas veces aprendemos de maneira espontánea sobre o que facemos. Para a pena parar, observar e reflexionar: sobre o que temos arredor, o lugar que ocupamos, os efectos dos nosos actos. Aquí compartimos aqueles instrumentos ou estratexias que nos serven para promover a reflexión e para ser conscientes do que estamos a crear e aprender.

LOXÍSTICAS

Poñer en contacto e a colaborar contextos diferentes pode ser unha tarefa titánica. O sistema de ensino leva moito tempo ben separado do resto do mundo. Será necesario buscar ferramentas para axudar a que a colaboración sexa máis sinxela e incluso poida ser transformadora.

Ferramenta Descrición
INVESTIGACIÓN: Relacións entre conceptos nas primeiras conversas de Arredor do Rural

Difícilmente unha investigación esgota o que se pode exprimir dunha realidade. É máis, moitas defendemos que é directamente imposible. Cando escribimos un texto, un artigo, un libro, non deixa de ser o que unha ou varias persoas son capaces de ler…

Plantilla para proxectos de aprendizaxe-servizo

Unha idea de como elaborar proxectos de aprendizaxe-servizo, con claves a ter en conta e puntos que é importante concretar para planificar o traballo.

Ferramenta para a avalición: exemplo de rúbrica

As rúbricas, como elementos a ter en conta para facer unha avalación, poden servir de axuda tanto para ver se cumplimos os obxectivos de aprendizaxe como os de acción (que en ocasión poden ser os mesmos). Será diferente en cada caso, e é necesario…

Ferramenta de reflexión/avaliación: traballo escrito

O traballo escrito é unha solución académica moi frecuente para a produción de coñecemento, mais tamén pode servir para crear algún produto de difusión en concreto. Claro está, variará enormemente, aquí compartimos o exemplo do esquema de traballo…

Ferramenta de reflexión: Discusión colectiva

A discusión colectiva sobre a práctica, como é de esperar, será tremendamente diferente dependendo da intervención e aprendizaxe que se está a facer. Con todo, aquí hai algunhas ideas que se poden ter en conta respecto a como proceder e a os…

Cuestións centrais da ApS

Nestas tres imaxes presentamos as cuestións que se consideran importantes para o traballo a través da aprendizaxe servizo neste ámbito. Comezando polos obxectivos da comunidade: Considerando tamén os elementos e procesos a ter en conta. E…

Guía completa sobre aprendizaxe-servizo (inglés)

Guía sobre a aprendizaxe-servizo na universidade. Con seccións específicas para estudantado, profesorado e entidades.

Proposta de avaliación para os obxectivos de Arredor do Rural

No proxecto de “Accións multidisciplinares integradas Arredor do Rural” contemplamos unha avaliación do “coñecemento e cohesión entre as diferentes partes (profesorado-alumnado-colectivos)”, así como a “intención de futura colaboración”.    Para…

Diferentes modelos para pensar na aprendizaxe-servizo

Artigo que narra diferentes estratexias para elaborar a aprendizaxe-servizo. Toma como exemplo o caso da Universidade Autónoma de Barcelona, pero presta axuda para pensar en como organizar as nosas propostas.

Ferramenta de reflexión: Un modelo diario de campo

Un exemplo de como pode ser unha plantilla para a elaboración dun diario de campo mediante observación participante como maneira de reflexión do estudantado conectado á actividade.

Modelo de consentimento informado

Modelo de consentimento informado de publicidade do nome.

Ferramenta de reflexión/avaliación: Guía para análise libros de texto

Unha estratexia para fomentar a reflexión sobre un tema pode ser unha rúbrica ou táboa de análise. Especialmente cando a función social que estamos a levar a cabo é unha análise crítica. Este é o caso da análise do currículum oculto sobre o medio…

Modelo de convenio USC

Modelo para establecer convenios de aprendizaxe-servizo entre a Universidade de Santiago de Compostela e outras entidades.