Comunidade de Accións e Saberes

Accións


APRENDIZAXE-SERVIZO E MÁIS

Entender a educación como irremediablemente ligada coa participación social, pois aprendemos ou ben para conseguir facer cousas, ou ben porque a nosa experiencia vital nos xera curiosidade, intuicións, consciencias...

A aprendizaxe-servizo é pode ser útil porque é unha maneira de organizar conxuntamente a aprendizaxe formal coa participación social, e polo tanto pode axudar a difuminar os muros das aulas e transformar. Pero non é a única maneira, e neste lugar atoparemos tamén outras estratexias para achegar valor e xerar aprendizaxe vinculadas ao rural.

Nestas colaboracións, as persoas que actúan no territorio e as que están no sistema escolar/académico teñen oportunidade de dialogar sobre que paga a pena ensinar/aprender e que paga a pena facer. Con isto, ábrese a oportunidade de transformar como se organiza a educación, así como de aproveitar enerxía e ideas para actuar.

Pode entenderse como achegar a aprendizaxe tradicional, de aprender facendo e aprender para fins concretos, á educación que nos atopamos hoxe en día.



ACTUAR NO, PARA E CO MEDIO RURAL

Aldeas como contextos de oportunidades, lugares con saberes e contextos acumulados dos cales aprender, nos que poder vivir, e que poden acoller un tipo de creatividade orientada a soster e non a consumir e queimar.

COMUNIDADE E TERRITORIO

Pensando en soster, coidar e facer medrar a vida no seu conxunto. Aquela vida que rodea as comunidades e que é o sustento das mesmas. A vida das propias comunidades e persoas. A vida que está entre o lugar que habitamos e quen o habitamos, que nos nudrimos mutuamente no interaccionar.



Accións multidisciplinares integradas Arredor do Rural
Ambiental, Economía, Educación, Social, Transversal | Dinamización comunitaria, Divulgación de saberes

Estado: En curso

Proxecto a iniciar no inverno de 2021/2022 que pretende reunir traballos de final de grao e máster de diversas disciplinas para abordar aproveitar as necesidades que ofrece o medio rural en varios territorios.




Análise do currículum oculto sobre o rural galego nos libros de texto de Educación Primaria
Educación, Social | Divulgación de saberes

Estado: Rematada

Proxecto desenvolto nos outonos de 2021 e 2022

A necesidade social da que partimos relaciónase con dúas cuestións de plena actualidade en Galicia: crise ecosocial e abandono do medio rural. O discurso xeneralizado na poboación sobre tales…



Proxecto de Euroeume e Proxecto Ríos
Ambiental | Custodia e defensa do territorio

Estado: Rematada

Proxecto proposto para a primavera de 2022

 

Participación de estudantes no programa medioambiental de Euroeume