Comunidade de Accións e Saberes

III Encontro ArredordoRural-Exposicións da mañá

Aquí compártense as exposicións presentadas na sesión da mañá do III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.

Neste, recóllense as seguintes exposicións:

  • A colaboración que o alumnado de educación en deporte da UVigo fixo con Outonía no marco do Laboratorio Mutante da Ecoloxía dos Saberes.
  • O estudo sobre o discurso público e actitudes cara o medio rural que o alumnado de psicoloxía da USC fixo a petición e coa axuda da Asociación Avoar e moitos outros colectivos
  • O traballo realizado en colaboración entre o alumnado do Mestrado de estudos da literatura e a cultura e o Grao de paisaxe da USC respecto a pensar a produción e consumo de proximidade como nexo nas relacións entre urbano e rural.
  • O proxecto multidisciplinar de traballos finais de grao con modalidade aprendizaxe-servizo no que se presentaron en concreto aqueles de ciencias económicas: finanzas dunha entidade economía social e desenvolvemento económico endóxeno do medio rural.
Ámbito de ensinanza
resumo comunidade arredor