Moi probablemente a idea da Comunidade e Accións e Saberes Arredor do Rural non tería chegado a ser sen a existencia da Rede ReVOLTA, que supón un exemplo e referente na mirada da investigación cara o medio rural.
A rede REVOLTA de Agroecoloxía está composta por oito grupos de investigacións das universidade galegas e procura ser o lugar de encontro e debate ao redor da agroecoloxía e o medio rural galego.
A Rede de investigación ReVOLTA por unha Agricultura Sustentable pretende continuar sendo o a rede de interacción entre diferentes grupos de investigación que traballan ao redor da disciplinas como a ecoloxía, as enxeñerías rurais (agronómica e forestal), a economía agraria, os estudos da cultura, a bioloxía e a historia agraria. Nesta edición ten como obxectivo principal mellorar as capacidades científicas e abordar cunha maior efectividade o potencial de Galicia como un dos territorios europeos máis acaidos para o desenvolvemento dun sistema agrario futuro de menor pegada ecolóxica e maiores beneficios para a sociedade e mellor aproveitamento do territorio e das capacidades sociais para manexalo.
Rede ReVOLTA