Aquí compártense as exposicións presentadas na sesión da tarde do III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
- Iria Vázquez Silva veunos falar da xornada que está a organizar para o alumnado da UVigo: "ferramentas ecofeministas para unha nova educación", onde participarán proxectos como Mulime, Obaixoulla.gal e Outonía S. Coop. Galega
- Sara, Minia e Lucía, alumnas do grao de mestra en educación infantil, expuxéronnos o proxecto no que están a colaborar xunto con Rural Contemporánea e outras persoas da Comunidade Arredor do Rural para plasmar nunha unidade didáctica e un conto ilustrado os impactos dos macroeólicos.
- Pola súa parte, Emma Torres-Romay trouxo a proposta de facer plans estratéxicos de comunicación para os colectivos que formamos a comunidade.
- Finalmente, aínda que non puido acompañarnos finalmente, compartimos os materiais que Joam Evans, da Fundação Montescola nos ofrece de parte do observatorio ibérico da minería.
Ámbito de ensinanza
