No III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural puidemos reunir a diferentes colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade atendendo ó medio rural.
A Fundação Montescola presentounos especialmente os seus materiais didácticos sobre a minería: "a mina contamina". Os CDR O Viso e Portas Abertas mostraron o traballo polo desenvolvemento rural integral que levan a cabo nas comarcas da Limia e Verín respectivamente, A Asociación Betula Custodia falounos sobre os seus proxectos para a recuperación e defensa de territorio en Ferrolterra, O Eume e Ortegal, Amigas da Terra ilustráronnos o seu proxecto de compostaxe, ADEGA tróuxonos unha mostra da súa diversidade de accións e As Espigadoras amosáronnos o seu traballo pola recuperación e desenvolvemento de oficios tradicionais, que inclue un libro artesanal recén sacado do forno que recolle o saber sobre prantas mediciñais e aromáticas.
Non ten desperdicio buscar e seguir, e pensar en como colaborar con estes proxectos e colectivos que tanto teñen que ofrecer.