Comunidade de Accións e Saberes

III Encontro ArredordoRural-Mostra da tarde

No III Encontro de Axentes Socioeducativos da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural puidemos reunir a diferentes colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade atendendo ó medio rural.

A asociación Sachos á Rúa veunos falar do seu traballo na agroecoloxía e o consumo responsable, así como as diferentes formacións que levan a cabo, Somosterra estivo para falarnos das súas propostas no marco do impulso da transición socioecolóxica, ó tempo que Outonía nos compartiu os seus diferentes proxectos tamén relacionados coa sustentabilidade rural.

Mulime, pola súa parte, veu mostrar o traballo de investigación para as comunidades de montes, repositorio e recurso tan importante para a historia do común, e A Sabia, estivo a mostrar as potencialidades da moeda social para a construción dunha economía alternativa.

Non ten desperdicio buscar e seguir, e pensar en como colaborar con estes proxectos e colectivos que tanto teñen que ofrecer.

Ámbito de ensinanza
mostra de colectivos-2