Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Natureza Itinerante
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
Comunidade de Accións e Saberes
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
A participación de alumnado de educación da UVigo e da USC no Laboratorio mutante da ecoloxía dos saberes deu lugar a estas Pílulas de saber e idea.
Ideas para a educación ecosocial
No marco da materia de Educación en Contextos Rurais, parte do alumnado colaborou con Fousas ao Monte, e a través de dita colaboración elaborou este proxecto para ampliar a súa labor educativa a crianzas de entre 3 e 6 anos, que agardamos que poida servir de apoio teórico e ideas.
No marco da materia de Educación en Contextos Rurais, parte do alumnado colaborou con Sachos á Rúa visitando as súas diferentes actividades, entre elas a colaboración co CEIP de Artes, e a través desta colaboración elaborou este proxecto de traballo educativo a través da horta e o mercado.
No marco da materia de Educación en Contextos Rurais, parte do alumnado colaborou no proxecto que Carme Freire leva a cabo na escola de A Baña, visitando tamén o mercado de Daquí Darredor e con isto propón liñas de acción educativas en relación ca horta.
No marco da materia de Educación en Contextos Rurais, parte do alumnado colaborou coa asociación As Espigadoras e elaborou este proxecto de transformación do patio educativo baseado no coñecemento tradicional da cestería.
No marco da materia Educación en Contextos Rurais, da USC, o alumnado elaborou unha proposta educativa fundamentada no traballo da cooperativa O Tempo da Aldea, que ten coma fin o aproveitamento de recursos propios da aldea de Rebordechán.
Este é un traballo feito con perspectiva de fondos de coñecemento que agardamos sexa de utilidade.
No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese coa versión piloto e proposta de ampliación da utilización da aula na natureza que Fousas ao Monte ten co CEP Xose María Brea Segade, no marco do proxecto Máis ca Leña.
Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo:
Resumo:
O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica. Co proxecto, trátase de lograr esas competencias, pero nun entorno aplicado que axude a darlle perspectiva e profundade aos coñecementos adquiridos.
O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de aprendizaxe para contribuir á democratización do coñecemento, o LM propón tres tipos de mecanismos.
Obradoiros experiencais e creativos sobre o abandono do territorio rural.