Comunidade de Accións e Saberes

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Aula na natureza

No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese coa versión piloto e proposta de ampliación da utilización da aula na natureza que Fousas ao Monte ten co CEP Xose María Brea Segade, no marco do proxecto Máis ca Leña.

Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo:

Resumo:

Este Traballo de Fin de Grao axústase á modalidade dunha proposta de innovación pedagóxica pensada para levar a cabo co alumnado de 5º de Educación Primaria do C.E.P. Xosé María Brea Segade. Nesta proposta emprégase o medio natural como modelo educativo e inclusivo no proceso de ensino-aprendizaxe. Para a súa elaboración faise unha procura de diferentes fontes bibliográficas sobre a escola rural en Galicia, a educación na natureza como modelo pedagóxico e a educación inclusiva, para posteriormente deixar constancia da conexión que existe entre estes elementos. Alén desta investigación documental, cóntase coa experiencia persoal gracias á realización do prácticum II no centro de ensino en cuestión, así como a realización dunha entrevista a unha mestra deste colexio.
En canto ás actividades formuladas, estas responden a todas as área de coñecemento que recolle a Educación Primaria, as cales son levadas a cabo mediante metodoloxías activas e inclusivas. Amais, todas estas tarefas son avaliadas por medio de diferentes modalidades.
Por último, amósase unha conclusión sobre a necesidade da formación inicial dos futuros mestres e mestras neste modelo pedagóxico e unha reflexión sobre a utilidade de trasladar a aprendizaxe á contorna próxima do alumnado.

Ámbito de ensinanza
Tipo de publicación
escola inclusiva e escola rural
Ámbito de acción