No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese cunha intervención educativa de posta en relación do Museo da Capela co CEP Mosteiro de Caaveiro.
Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo.
Resumo:
A escola rural hoxe en día evoca unha serie de ideas e preconcepcións que adoitan ser negativas. Isto vén dado pola estigma social que se da do medio rural en xeral debido ao discurso público en tanto que, atrasado e falto de recursos, integrando dita escola como parte deste. Desta forma, considérase á escola rural atrasada e de menor calidade, carente de estímulos que complementen o desenvolvemento dos/as nenos/as en comparación por exemplo coas da urbe que se alzan en maior medida por estar situadas nun contexto máis notorio e cheo de servizos.
Sen embargo esta conta con achegas significativas para unha educación de calidade inclusiva por elementos como pode ser a conexión da contorna e da sociedade coa comunidade educativa, a relación entre familia e escola e as aulas multigrao que implican que o profesorado está habituado a traballar nunha situación de diversidade potenciando unha educación inclusiva entre outras.
Debido a isto, proponse unha intervención pedagóxica (vinculada cun Museo Etnográfico que xa fai un aproveitamento do medio rural) que reúna á inclusión cunha serie de características que a escola rural pode ofrecer, obtendo así un proxecto que fomente a aprendizaxe inclusiva nun contexto distinto ao da aula ordinaria.