Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Natureza Itinerante
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
Comunidade de Accións e Saberes
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
No marco da materia Educación en Contextos Rurais, da USC, o alumnado elaborou unha proposta educativa fundamentada no traballo da cooperativa O Tempo da Aldea, que ten coma fin o aproveitamento de recursos propios da aldea de Rebordechán.
Este é un traballo feito con perspectiva de fondos de coñecemento que agardamos sexa de utilidade.
No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese cunha intervención educativa de posta en relación do Museo da Capela co CEP Mosteiro de Caaveiro.
Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo.
Resumo:
Proxecto a iniciar na primavera de 2022
O estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolverá unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.
Con esa análise fará unha proposta educativa para centros próximos en colaboración cos colectivos, proposta que pactará con estes útlimos.
O pobo escola, pese a non ser necesariamente unha estratexia de aprendizaxe-servizo (pois os e as aprendices non teñen por que facer ningunha achega á comunidade) é unha clara maneira de integrar os procesos educativos no territorio, levando a mirada que aprende cara a realidade inmediata e as persoas coas que se convive.
O de O Viso leva xa anos a cultivar esta mirada, agora estase a actualizar da maneira que aquí nos conta:
Proxecto interxeneracional de alfabetización dixital, no cal a xuventude se forma en contidos e habilidades para dar o servizo ás persoas maiores. O proxecto inclue tamén a dotación dos telecentros das aldeas de equipamento informático necesario. Tamén se ofertaban actividades de lecer e tempo libre para a mocidade participante, así como espazos de encontro.
Proxecto desenvolto polo alumnado do IES Félix Muriel no cal interviron sobre o seu propio territorio e ligaron as problemáticas do monocultivo e os incendios foretais ás cuestións globais da biodiversidade e a relación de persoa e natureza.