Comunidade de Accións e Saberes

Manexo do territorio

A bacía do Sar en Santiago de Compostela. Unha experiencia de Aprendizaxe Servizo cara a Custodia da Paisaxe

O proxecto tiña un dobre obxectivo, sendo o primeiro dar resposta a unha parte das necesidades expresadas pola Plataforma de Recuperación do Sar en relación co patrimonio inmaterial e ambiental deste territorio. O segundo obxectivo era de natureza académica e buscaba o desenvolvemento por parte dos estudantes das competencias técnicas específicas requiridas na correspondente materia do Grao*, grazas ó traballo aplicado realizado en grupos.

Psicoloxía social aplicada. O medio social como alternativa sustentable

Nunha alianza entre o alumnado de primeiro do Grao en Psicoloxía e do Mestrado en Psicoloxía Social da USC, desenvolveuse un proxecto de recollida de información e posta en común sobre a xestión dos residuos e as actitudes da poboación cara este tema, tanto respecto a como entendelas así como a melloralas.

Ca mesma, a óptica foi de pensar o medio rural como espazo de oportundiade debido á inercia histórica no aproveitamento de residuos e a reducción de desfeitos.

Podedes ver as valoracións das participantes aquí.

Oficios para Sempre

O alumnado da materia historia ambiental (no Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza), xunto ca asociación As Espigadoras e ca axuda da profesora An a Cabana Iglesia, desenvolveron unha investigación sobre os oficicios tradicionais, relacionándoos co manexo do territorio e o seu valor comunitario, para dar con esta obra documental que podedes ver na canle de youtube da asociación: vídeo

 

 

OEMR-Sachos á escola

No marco da materia de Educación en Contextos Rurais, parte do alumnado colaborou con Sachos á Rúa visitando as súas diferentes actividades, entre elas a colaboración co CEIP de Artes, e a través desta colaboración elaborou este proxecto de traballo educativo a través da horta e o mercado.

Comunidades no seu territorio

A Comunidade de Montes de Leiro (Rianxo) está a desenvolver un proxecto de apredizaxe-servizo en colaboración con dous ámbitos formativos na Universidade de Santiago de Compostela: estudo da cultura e ecoloxía da paisaxe, a cargo dos membros de Rede Galabra, J. Elías Feijoo Torres e Emilio Carral Vilariño.

Neste proxecto interdisciplinar vincúlase o levantamento de microtoponimia e lendas sobre o territorio cos usos desenvoltos neste e as diferentes posibilidades de manexo sustentable do monte.

Aproveitamento oportunidades do medio rural-Maxisterio

Proxecto xa desenvolt ó longo de dous anos, no que o estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolveu unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.

Con esa análise desenvolvéronse propostas educativas que traballan na vinculación do currículo co territorio e a comunidade, dotando as aprendizaxes de sentido a través da vinculación co contexto e os problemas vividos.