Comunidade de Accións e Saberes

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Políticas de desenvolvemento Endóxenos

No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo implicou un estudo do caso do CDR Ancares de Cervantes e as súas posibilidades de desenvolvemento endóxeno.

A reactivación da economía en áreas xeográficas marxinais é posible a través da aplicación de estratexias de desenvolvemento endóxenas. Neste traballo trataremos o caso do centro de desenvolvemento rural Ancares con actividade no municipio de Cervantes. Para iso, en primeiro lugar, realizaremos unha aproximación a teoría do desenvolvemento endóxeno, ofrecendo teorías que demarcan os principais factores e actores a poñer en análise. Posteriormente, focalizaremos a atención no papel dos centros de desenvolvemento rural, para logo estudar, de xeito máis exhaustivo, a actuación do centro de desenvolvemento rural Ancares, a través dunha serie de indicadores, incluíndo unha serie de propostas e medidas para mellorar a súa función. A metodoloxía que se levou a cabo para dar forma a este traballo consistiu na realización de enquisas, en primeiro lugar, o CDR Ancares para coñecer a súa función e o desenvolvemento das súas estratexias e, en segundo lugar, á poboación para reflexar no traballo a opinión da cidadanía sobre o labor do mesmo.

Ámbito de ensinanza
Tipo de publicación
Arquivo
desenvolvemento endóxeno