Comunidade de Accións e Saberes

Social

Psicoloxía Social aplicada ao medio rural

O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica. Co proxecto, trátase de lograr esas competencias, pero nun entorno aplicado que axude a darlle perspectiva e profundade aos coñecementos adquiridos.

Abrindo portas no rural. Comarca de Verín (Ourense)

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas leva a cabo un programa integral de intervención no medio rural a través do cal traballa coa comunidade en procesos de desenvolvemento integral e sostible, en  coordinación con outros axentes sociais do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio; co fin último de crear un medio rural desenvolto sostible, económica, social, cultural e humanamente.