Comunidade de Accións e Saberes

Psicoloxía Social aplicada ao medio rural

Sesión coas alumnas
Ámbito de acción
Estado da acción
Ámbito de ensinanza
Participantes
Facultade de Psicoloxía da USC, Asociación Avoar

O proxecto enmárcase dentro das sesións interactivas da materia de psicoloxía social, fomentando o traballo en grupo para favorecer tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nas sesións interactivas “tradicionais” compróbanse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica. Co proxecto, trátase de lograr esas competencias, pero nun entorno aplicado que axude a darlle perspectiva e profundade aos coñecementos adquiridos.

O alumnado terá a oportunidade de coñecer e comprender a influenza da interacción e dos elementos contextuais do comportamento, neste caso para facer unha análise crítica entre o urbano e o rural, tratando de comprender como eses procesos psicosociais na percepción e nas actitudes que existen cara o rural, poden estar repercutindo e fomentando que as persoas teñan unha visión concreta da realidade nese contexto e as consecuencias que isto ten no seu comportamento. Para levalo a cabo, contamos coa colaboración da Asociación Avoar, que fará uso desta análise externa para emprender accións de mellora xerando oportunidades de participación que tezan pontes entre a comunidade rural e urbana e axuden a superar a visión estereotipada asociada ao rural. O alumnado aprenderá, reflexionando sobre un problema social da súa contorna.