Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Natureza Itinerante
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
Comunidade de Accións e Saberes
Sabemos que a natureza é o noso fogar?, que pasa cando estrañamos o fogar?, se
No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo implicou un estudo do caso do CDR Ancares de Cervantes e as súas posibilidades de desenvolvemento endóxeno.
O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de aprendizaxe para contribuir á democratización do coñecemento, o LM propón tres tipos de mecanismos.
Obradoiros experiencais e creativos sobre o abandono do territorio rural.
Idea de proxecto de aprendizaxe-servizo elaborada por Pedro Antonio López Oliver e Paula Pérez Martí no marco da II Xornada de Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Ilustra un proceso de recuperación da memoria histórica.
Idea de proxecto de aprendizaxe-servizo elaborada por Xiana Rolán González, Cynthia Romero Castro e Laura Romero Tubío no marco da II Xornada de Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Baseada nun traballo anteriormente elaborado entre FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) e institutos e o IES Castro Baronceli.
Proceso de asesoramento a entidades de economía social sobre como acceder a financiamento dentro da propia economía social e solidaria (banca ética).
Este é un proxecto que acontece fora do plano rural pero que pode dar ideas para trasladar a medios rurais.
O Concello de Santiago de Compostela iniciou a elaboración da súa Axenda Urbana, proceso que leva a reflexionar sobre o modelo de cidade. A Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado de Santiago de Compostela recolle distintos proxectos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Este proxecto de aprendizaxe-servizo é un acercamento á cidadanía sobre eses proxectos e unha reflexión coa comunidade con eles.
Proxecto interxeneracional de alfabetización dixital, no cal a xuventude se forma en contidos e habilidades para dar o servizo ás persoas maiores. O proxecto inclue tamén a dotación dos telecentros das aldeas de equipamento informático necesario. Tamén se ofertaban actividades de lecer e tempo libre para a mocidade participante, así como espazos de encontro.
O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas leva a cabo un programa integral de intervención no medio rural a través do cal traballa coa comunidade en procesos de desenvolvemento integral e sostible, en coordinación con outros axentes sociais do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio; co fin último de crear un medio rural desenvolto sostible, económica, social, cultural e humanamente.
Proxecto a iniciar no inverno de 2021/2022 que pretende reunir traballos de final de grao e máster de diversas disciplinas para abordar aproveitar as necesidades que ofrece o medio rural en varios territorios.