Comunidade de Accións e Saberes

Campaña #SerMutante

Laboratorio mutante
Ámbito de ensinanza
Participantes
Outonía; Educación social; Ciencias da actividade física e do deporte; Maxisterio; Iria Vázquez; David García:

O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes (LM) é unha iniciativa que combina os medios tecnolóxicos, analóxicos e participativos. Coa intenteción de xerar unha serie de espazos e experiencias que promovan a concienciación da poboación moza en torno á loita contra o cambio climático. Con obxectivo de diversificar os lugares e formatos de aprendizaxe para contribuir á democratización do coñecemento, o LM propón tres tipos de mecanismos. 

  • Obradoiros experiencais e creativos sobre o abandono do territorio rural. 

  • Webminarios temáticos sobre as principais temáticas implicadas no cambio climático. 

  • A campaña de sesibilización #SerMutante. 

Esta última é a que acolle o formato de aprendizaxe-servizo. Proponse a creación de pílulas informativas en forma de vídeos de IGTV no cal a mocidade visibilice o seu papel, propostas e experiencias con respecto ao cambio de paradiga que require a crise ecosocial.  

Encarada como aprendizaxe-servizo búscase que estudantado universitario comparta dous tipos de contido: 

  • Experiencias xa desenvolvidas no marco das súas disciplinas que encaixen nese cambio de paradigma. 

  • Propostas con respecto a como encaran o cambio de paradigma nos seus futuro laboráis.