Comunidade de Accións e Saberes

A Aprendizaxe-Servizo no eido do desenvolvemento local

Imaxes da experiencia.
Estado da acción
Ámbito de ensinanza
Participantes
USC-Santiago, Concello de Santiago de Compostela

Este é un proxecto que acontece fora do plano rural pero que pode dar ideas para trasladar a medios rurais.

O Concello de Santiago de Compostela iniciou a elaboración da súa Axenda Urbana, proceso que leva a reflexionar sobre o modelo de cidade. A Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado de Santiago de Compostela recolle distintos proxectos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Este proxecto de aprendizaxe-servizo é un acercamento á cidadanía sobre eses proxectos e unha reflexión coa comunidade con eles.

Pese a que o proxecto en si non remite ao medio rural, un dos grupos curso 2020/2021 centrouse nas políticas para as áreas rurais de Santiago de Compostela e estiveron falando con FERUSA (Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago de Compostela).

Abrindo así novos camiños de exploración a estender este tipo de traballo máis aló do urbano.