Comunidade de Accións e Saberes

INVESTIGACIÓN: Relacións entre conceptos nas primeiras conversas de Arredor do Rural

Difícilmente unha investigación esgota o que se pode exprimir dunha realidade.

É máis, moitas defendemos que é directamente imposible. Cando escribimos un texto, un artigo, un libro, non deixa de ser o que unha ou varias persoas son capaces de ler dun fenómeno concreto.

Algunhas investigadoras estivemos a preparar un artigo sobre as reflexións que as primeiras participantes da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural tiveron, mais será sempre parte do que se pode ver.

Polo tanto, cremos que é moi beneficioso deixar accesible o material que utilizamos para chegar ás conclusións ás que chegamos xa que, noutros ollos, poderán chegar a lugares moi diferentes.

 

Por esta razón compartimos estas redes de conceptos, nas que se relacionan uns con outros e que poden dar lugar a novas ideas.

Son tres:

OS MOTIVOS que as participantes teñen para facer o que fan a nivel social e ambiental, no que se inclúen problemáticas percibidas, valores e metas.

rede de motivos

AS POSICIÓNS que as participantes toman no medio da realidade que perciben, que son as críticas á realidade actual, as propostas que fan e as expectativas que se teñen respecto á comunidade.

rede de posicións

A PRÁCTICA concreta, na cal se inclúen ámbitos de acción, cuestións relativas ás relacións e ás contradicións que se viven ou senten.

rede de prácticas