Na asemblea do III Encontro da Comunidade Arredor do Rural sinalouse a necesidade de ter información accesible sobre os tempos que a universidade manexa para planificar e desenvolver proxectos de aprendizaxe-servizo, de maneira que os diferentes colectivos poidan contextualizas as súas propostas de maneira máis realista con respecto a periodos.
O documento que aquí se comparte é un intento de abordar esa necesidade, se ben son datas aproximadas e pode sempre haber cambios, si que permiten facer unha idea do xeral.
Destácanse as informacións máis relevantes, sobre os periodos axeitados para a planificación e de posible execución, mais tamén se inclúen outras datas relevantes que se aconsella ter en conta, como aquelas para incluír os proxectos na programación docente ou para que os proxectos poidan ser presentados a concursos de innovación dentro da universidade, o cal amplía o recoñecemento dos mesmos.