Comunidade de Accións e Saberes

Ferramenta de reflexión: Discusión colectiva

A discusión colectiva sobre a práctica, como é de esperar, será tremendamente diferente dependendo da intervención e aprendizaxe que se está a facer.

Con todo, aquí hai algunhas ideas que se poden ter en conta respecto a como proceder e a os contidos a abordar.

Sobre como proceder, é importante ou recomendable que:

  • Haxa algunha persoa encargada de promovela.
  • Na discusión participen diferentes tipos de axentes.
  • Se faga de maneira contigua xa sexa ás sesións de aula ou á actividade de intervención.
  • Haxa diferentes puntos concretos a tratar.
  • Se promova a participación de tódalas persoas.

Sobre puntos a tratar, poden ser interesantes:

En que medida pensamos que estamos a cumplir o que viñemos a facer.

  • Se xurden novos obxectivos ou temas que non estaban planteados nun inicio.
  • Que problemas atopamos.
  • Que oportunidades ou vantaxes inesperadas atopamos.
  • Como nos sentimos durante o noso facer.
  • Que necesidades atopamos.
  • Cales son os seguines pasos que nos propoñemos.