Comunidade de Accións e Saberes

Proposta de avaliación para os obxectivos de Arredor do Rural

No proxecto de Accións multidisciplinares integradas Arredor do Rural contemplamos unha avaliación do “coñecemento e cohesión entre as diferentes partes (profesorado-alumnado-colectivos), así como a intención de futura colaboración”.   

Para avaliar isto barallamos facer medidas de diferentes opinións e percepcións antes e despois da colaboración a través da aprendizaxe-servizo. 

Pensamos que isto é algo interesante a compartir coa xeralidade da comunidade neste encontro do 26, co cal pedimos que: 

1-Respondas as preguntas que consideres axeitadas, coas que estés dacordo. 

2-Modifiques, como consideres (elimines, cambies, engadas...) para axeitar o cuestionario ao que crees que debería ser.  

Este modelo de formulario intenta ser igual para tódalas partes (estudantes, profesorado e persoas de colectivos).