Comunidade de Accións e Saberes

Saberes



CREACIÓN EN COMÚN

Esta é unha sección para facer en común entre as o os participantes desta comunidade, para ir enchendo cos saberes que emerxen do noso facer ou que nos dan ideas para actuar.

AS MÚLTIPLES FORMAS DO SABER

Por suposto en formatos diversos, pois hai moitas maneiras de plasmar o que coñecemos ou queremos dicir: textos, vídeos, audios, imaxes...

A AMPLITUDE DO SABER

Falamos de saberes xa que pensamos que abranguen moito máis que os coñecementos, pois inclúen tamén o saber facer, o saber estar, e sobre todo aquelas cousas que durante moito tempo foron dadas a menos porque non soaban suficientemente técnicas ou porque as dicía unha voz á que se lle facía menos caso.


Revoltando á Terra
Libro | Data publicación : 17-11-2021

A Rede ReVOLTA é sen dúbida un referente para a Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural. Unha acción colectiva e crítica exemplar para iniciar a lavor de revoltar que temos por diante: Páxina de descarga do libro. Co libro Revoltando á terra preténdese favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O obxectivo deste libro é…




Nova no Duvi sobre o primeiro encontro
Nova de prensa | Data publicación : 07-11-2021

Nova no Diario da UVigo sobre o primeiro encontro da Comuniadade de Accións e Saberes Arredor do Rural o 7 de maio de 2021. https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/profesorado-colectivos-sociais-alianse-desenar-proxectos-que-conecten-ao-alumnado-co-rural Podes consultar a acta do encontro.




El fin de la minería
Ferramenta | Data publicación : 06-11-2021

Material redactado vinculado ao Centro de Saberes para a Sustentabilidade en colaboración con Seas at Risk no cal se nos convida a pensar e actuar cara o fin da minería como actividade ecolóxicamente insustentable. Páxina de descarga




La percepción del medio rural entre el profesorado de geografía e historia en formación inicial
| Data publicación : 04-11-2021

Estudo sobre a percepción do medio rural que ten o profesorado en relación coa realidade deste.




Hopes for the countryside's future. An analysis of two endogenous development experiences in south-eastern Galicia
Artigo | Data publicación : 04-11-2021

Artigo no ámbito da xeografía no cal se fai referencia aos CDR Portas Abertas e CDR O Viso RESUMO: The Galician countryside is commonly interpreted as being dominated by a deep socio-economic depression that even the reception of generous European Union rural and regional development funds over the last few decades has not been able to overcome. The aim…




Abrindo portas no rural. Comarca de Verín (Ourense)
| Data publicación : 04-11-2021

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas leva a cabo un programa integral de intervención no medio rural a través do cal traballa coa comunidade en procesos de desenvolvemento integral e sostible, en  coordinación con outros axentes sociais do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio; co fin último de crear…




Arte, territorio e comunidade
Artigo | Data publicación : 04-11-2021

Este cuaderno entretantos es el producto de la VI Edición de la Escuelaboratorio, una iniciativa promovida por la Fundación Entretantos que forma parte del programa de Seminarios Permanentes del CENEAM (Ministerio de Transición Ecológica). Está concebida como una oportunidad para reflexionar en grupo, pensar y debatir colectivamente sobre cuestiones, claves…




Relacións entre netas e avoas na educación
Artigo | Data publicación : 04-11-2021

Traballo realiazo na materia Educación en Contextos Rurais do grao en mestra/mestre de educación primaria da USC. Analiza a implicación das avoar na relación coas súas notas no contexto cunha escola rural, sinalando a importancia da relación interxeneracional.




Conversas iniciais da Comunidade de Accións Saberes Arredor do Rural
Vídeo | Data publicación : 28-10-2021

Conversas que as primeiras persoas que se vincularon á Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural levaron a cabo a finais do inverno de 2021, na que se discutiu sobre a relación entre sustentabilidade, economía e educación. CARA A: https://www.youtube.com/watch?v=H0qeLbxYKQ4&t=37s CARA B: https://www.youtube.com/watch?v=rRKcnznMKsI&t=61s…




Informe proxecto Monte Vivo no IES Félix Muriel.
Artigo | Data publicación : 28-10-2021

Informe sobre o proxecto Biocultura para un Monte Vivo realizado no IES Félix Muriel de Rianxo.