Comunidade de Accións e Saberes

Educación

Accións Multidisciplinares Arredor do Rural-Aula na natureza

No marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo, Accións Multidisciplinares Arredor do Rural, un dos proxectos levados a cabo correspóndese coa versión piloto e proposta de ampliación da utilización da aula na natureza que Fousas ao Monte ten co CEP Xose María Brea Segade, no marco do proxecto Máis ca Leña.

Agardamos que poida servir de testemuña do saber recollido pola autora, así como de inspiración para futuro traballo:

Resumo:

Aproveitamento oportunidades do medio rural-Maxisterio

Proxecto xa desenvolt ó longo de dous anos, no que o estudantado de "educación en contextos rurais", materia optativa do grao de mestre/a en educación primaria desenvolveu unha observación participante en diferentes colectivos (o proxecto está aberto á participación de máis) para analizar as oportunidades educativas que ten a súa labor.

Con esa análise desenvolvéronse propostas educativas que traballan na vinculación do currículo co territorio e a comunidade, dotando as aprendizaxes de sentido a través da vinculación co contexto e os problemas vividos.

Pobo escola de O Viso

O pobo escola, pese a non ser necesariamente unha estratexia de aprendizaxe-servizo (pois os e as aprendices non teñen por que facer ningunha achega á comunidade) é unha clara maneira de integrar os procesos educativos no territorio, levando a mirada que aprende cara a realidade inmediata e as persoas coas que se convive.

O de O Viso leva xa anos a cultivar esta mirada, agora estase a actualizar da maneira que aquí nos conta:

Pobo escola O Viso

Proxecto MonteMar

Proxecto desenvolvido en colaboración entre o CEP Brea Segade, o movemento veciñal Fousas ao monte e o Proxecto Ríos no que  se traballan contidos de educación primaria en relación co coidado medioambiental e o manexo do territorio.

Sen chegar a ser totalmente unha experiencia de aprendizaxe-servizo, posto que non foi pensado como tal, ten unha clara dirección dual de xestión do territorio e de abordaxe de aprendizaxes escolares.